
- 649727196
- Polígono San Cristovo de Cea P.B1, CEA 32130 Ourense España
- www.nelabiosense.es
- Contactar: [email protected]
Que é Nela
En Nela ofrecemos unha ampla gama de cosmética natural e produtos alimenticios 100% naturais, de fabricación propia, con ingredientes naturais.
A idea de Nela Biosense nace de dar unha segunda vida aos restos forestais de tala, obtendo aceites esenciais e hidrosois ou augas florais. A partir destes produtos elaboramos a nosa cosmética natural, xabóns, xampús sólidos e bálsamos para o coidado persoal.
Por outra banda, a nosa liña gourmet céntrase na elaboración de marmeladas creativas, elaboradas con froitas de tempada e da colleita local, marmeladas doces e non tan doces para acompañar todo tipo de pratos doces e salgados.
os nosos produtos co maior coidado e dedicación, engadindo valor e coidando o medio ambiente. Coas ramas que non utilizamos para destilar os aceites esenciais alimentamos a nosa caldeira de biomasa para os destilados, a esterilización das marmeladas e xeramos a nosa propia auga quente.
Produtos
Nela Biosens:
Cosmética facial: bálsamos labiais, xabón facial sólido, xabón de afeitar, hidrosois.
Cosmética corporal: xabón de ducha sólido, xampú sólido.