microsite_farmaciavence

Que é Farmacia Vence

FARMACIA VENCE conta con máis de 40 anos de experiencia no sector da farmacia e parafarmacia, e un equipo de profesionais que traballan cada día para ofrecer o mellor produto e asesoramento ao cliente.

A principios de 2008 demos o salto ao mundo online a través da nosa web www.farmaciavence.com, onde ofrecemos o noso catálogo de produtos parafarmacia. Temos unha ampla gama de produtos que renovamos continuamente.

Queremos transmitir o noso máis sincero agradecemento a todos os que confías en farmaciavence.com como a túa parafarmacia de confianza, porque sodes a razón do noso esforzo por mellorar cada día e a razón deste proxecto.

Estamos á vosa disposición tanto na nosa farmacia situada en Ourense capital como no noso mundo online a través da web, do noso blog ou das redes sociais en Facebook, Instagram e Twitter.

Esperamos seguir sendo a túa parafarmacia de confianza.

Servizos

¿Que podes atopar na nosa farmacia?

Infantil: Maternidade, alimentación do bebe, cuidados do bebé, accesorios para a crianza…
Cosmética e Beleza: Facial, Cabelo, Corporal, mans e unllas, Protección,
Colonias-Perfumes
Dietética e nutrición: Nutricosmética, complementos alimenticios, vitaminas…
Saúde: Ortopedia, saúde sexual, saúde dental, test, lentes…
Herbolario: Control de peso, Antienvellecemento, Benestar feminino, osos y articulacións…

Coñécenos