microsite_Captioma

Que é Captioma

Captioma nace como unha iniciativa local no ámbito da formación e divulgación, coa idea de ofrecer un concepto renovado e orientado ao novo mundo, en constante transformación provocada fundamentalmente polos avances tecnolóxicos. Centrámonos en materias e disciplinas que se converteron en fundamentais como consecuencia de conceptos como a revolución dixital ou a chamada “era da información”, que provocaron cambios profundos nos procesos produtivos, nas economías e no modo de vida das persoas. en todo o planeta.

Adicamonos a impulsar o desenrolo tecnolóxico, a dixitalización e a innovación, mediante a formación e a docencia especializadas promovendo as vocacións de coñecemento, creación e progreso. Sobre todo, queremos xerar experiencias de aprendizaxe satisfactorias e contribuír a proxectos ilusionantes, axudando aos nosos usuarios e colaboradores a avanzar nun camiño cheo de novos obxectivos e aspiracións.

Valores

Valores:
• Innovación: somos tecnolóxicos, vemos os avances como unha oportunidade para mellorar o mundo e crecer profesional, social e individualmente.
• Unha proposta alternativa e complementaria: materias que aínda non se incorporaron firmemente aos sistemas oficiais de educación e formación, ou que quedaron relegadas sen deixar de ser igual de fundamentais que outras.
• Compromiso e responsabilidade social: somos conscientes do moito que podemos mellorar no tratamento do medio ambiente, da diversidade, de nós mesmos como persoas únicas e singulares. Promovemos a cohesión, a cidadanía activa, a creatividade, a produtividade, a autorrealización e o espírito emprendedor.
• Os nosos logros son os dos nosos usuarios e colaboradores, que conseguen crecer connosco: que obxectivo máis ambicioso podemos marcarnos?

Coñécenos