microsite_axon

Que é Axon

Profesionais da rehabilitación neurolóxica e pediátrica en Ourense. Traballamos para axudar e mellorar a calidade de vida das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento e minimizar ou paliar as secuelas do dano cerebral.

Axón é un centro dedicado á rehabilitación neurolóxica de pacientes adultos e pediátricos. Contamos con profesionais de diferentes disciplinas con ampla experiencia e coñecementos neste campo.

Os nosos obxectivos

  1. Rehabilitar e recuperar, as secuelas e as lesións xeradas tras os danos neurolóxicos
  2. Reducir as barreiras e e limitacións presentes no día a día dos nosos pacientes
  3. Adaptar o contorno para facilitar e maximizar a súa autonomía persoal
  4. Resolver dúbidas que xurdan ao longo do proceso de rehabilitación, tanto ao propio paciente como aos seus familiares e/ou coidadores.
  5. Previr posibles dificultades derivadas do propio desenvolvemento da patoloxía, tales como: retraccións articulares, situacións encamadas, situacións de dependencia, etc.

Servizos

Fisioterapia neurolóxica, Terapia acuática, Logopedia, Terapia ocupacional, Psicoloxía da saúde/Neuropsicoloxía

Coñécenos