microsite_VIAXES LOW COST

Que é VIAXES LOW COST

Axúdache a organizar esas viaxes especiais, e coma sempre, ao mellor prezo.

Viaxes Low Cost é a denominación comercial de Bedoscomp S.L., con licenza de axencia de viaxes XG-355 e CIF B32331787. Estamos en Ourense, na Avenida de Portugal 133 Baixo, CP 32002. Levamos en funcionamento dende 2010. A axencia está enfocada a achegar o mundo low cost a calquera persoa. A longa distancia tamén pode ser accesible. Estamos especializados en viaxes ao sueste asiático, temos moitos circuítos preparados, pero se prefires viaxar pola túa conta podemos facer calquera viaxe á medida. Contamos con correspondentes en todos os destinos, que che atenderán desde o momento en que solicitas os servizos ata que regresas a casa. Tamén podemos facer a lúa de mel que soñas, desde un bungalow con piscina privada ata unha cea romántica. Podes contactar connosco por calquera medio (teléfono, correo electrónico, Facebook…) para solicitar un presuposto para a túa viaxe.

Coñécenos