microsite_SERTOGAL

Que é SERTOGAL

Sertogal, SL foi fundada no ano 1992 como empresa de servizos de enxeñaría e topografía que desenvolveu a súa actividade tanto a nivel nacional como internacional.
É unha empresa consolidada cunha ampla experiencia profesional e dende a data da súa creación ata a actualidade evolucionou centrándose na realización de proxectos de maior valor engadido e sempre orientados ás necesidades e esixencias dos seus clientes.
Sertogal ofrece unha ampla gama de servizos de enxeñería, xeomática, xestión e procedementos do territorio, sustentabilidade e medio ambiente e consultoría, ofrecendo solucións completas tanto no sector do transporte e distribución como das enerxías renovables.

Coñécenos