microsite_ViñaCosteira

Que é Viña Costeira Bodega?

Alá polo 1968, un grupo de persoas visionarias e rebeldes atreveuse a pensar dun modo distinto ao habitual nas adegas de viño naquela época e tendo  como prioridade a recuperación das variedades de uva históricas de Galicia: Loureira, Godello, Albariño ou Treixadura, entre outras.

Así nacía Viña Costeira, actualmente referencia como adega de viño no panorama galego, cun crecimento continuo que a converteu nunha sólida marca asentada na súa tradición e innovación.

D. O. Ribeiro. Variedade: para blancos Treixadura, Godello, Torrontés, Loureira, Lado e Albariño, e para tintos Brancellao, Caiño, Sousón, Ferrón e Mencía. Viños elaborados tras un coidadoso proceso de selección da uva. Enoturismo: visitas organizadas para recorrer os seus viñedos. Q de Calidade Turística 2020 e 2021. Más de 56 anos no sector (dende 1968).

Coñécenos